Parrillada Ourense Restaurante tradicional

Rianxo ten un lugar especial, cheo de produtos de calidade e con un ambiente excelente: mariscos, peixe fresco, carnes de vacún, cordeiro, cabuxo... e como non con grandes viños da nosa terra e foráneos.

A nosa carta

Parrillada en Rianxo

A Parrillada Ourense, un restaurante en Rianxo que segue a tradición, mantén una íntima relación co mar que baña a vila. Os seus produtos chegan directamente da Ribeira.

Xoubas, nécoras, ameixas, mexillóns… son produtos da nosa ría e protagonistas da nosa cociña porque o noso barco, empopado ou en bolina, sempre chega a porto.

As nosas grellas mesmo asan un magnífico bacallau ou un cordeiro inesquecible, dos que fan memoria e fan voltar…

Outra información

  • Cociña de 12:00 a 16:00 e de 20:00 a 00:00 h
  • Número de garfos: 2
  • Comidas por encargo
  • Comidas para levar
  • Terraza
  • 30 mesas para 150 comensais
  • Parque infantil
Parrillada Ourense
Especialidades

Consulte todas as especialidades que temos dispoñibles para vostede, dende a carne máis saborosa ata o peixe máis fresco.

Saber máis
Parrillada Ourense
Que visitar

Descubra lugares con encanto da nosa localidade, Rianxo ten moito que ver e visitar: paseos, capela, casas importantes...

Saber máis
Parrillada Ourense
Contacto

Contacte connosco para solicitar información ou aclarar calquera dúbida, poñémonos á súa disposición para o que necesite.

Saber máis

En Parrillada Ourense atopará o sabor da nosa ría

No noso restaurante en Rianxo contamos con unha carta moi variada na que os clientes atoparán diferentes receitas baseadas nos produtos das nosas rías e das nosas terras. Todos os ingredientes que utilizamos na elaboración dos nosos menús son de primeira calidade, frescos e chegados das nosas terras e das nosas augas.

Temos elaboracións para tódolos gustos. Así, na nosa carta atopará dende luras, mexillóns ou navallas ata churrasco de porco ou secreto ibérico pasando polos mellores peixes galegos: linguado, merluza ou rodaballo.

¡Proba o sabor de Galicia da man de Parrillada Ourense!

Contacte coa Parrillada Ourense

Contacte connosco para reservar unha mesa ou para solicitar máis información.