Especialidades de Parrillada Ourense
As nosas especialidades
En Parrillada Ourense contamos con dous comedores con capacidade para unhas 150 persoas, nos que atopará un excelente ambiente e produtos de calidade.
Na nosa cociña só traballamos cos mellores produtos da terra e do mar.
Entre as nosas especialidades atopará mariscos de primeira calidade, peixe fresco e as mellores carnes de vacún, cordeiro, cabuxo... Ademais de deliciosas sobremesas caseiras para rematar un magnífico xantar.
Todo isto acompañado con grandes viños da nosa terra e foráneos.
Pratos elaborados con ingredientes de primeira calidade
Todas as receitas e elaboracións que ofrecemos no noso restaurante en Rianxo están preparadas con ingredientes de primeira calidade chegados dende os mares e as terras máis próximas.
Se queres probar o sabor de Galicia non dubides en reservar unha mesa en Parrillada Ourense, temos unha ampla carta na que os clientes máis esixentes sempre atoparán un prato o seu gusto.
Os profesionais que formamos o equipo de Parrillada Ourense contamos con moitos anos de experiencia no sector da hostalería polo que ofreceremos sempre un bo trato aos nosos clientes e un ambiente cómodo para todos eles.
Contacte coa Parrillada Ourense
Contacte connosco para reservar unha mesa ou para solicitar máis información.